Sunday 28 de April de 2024

Axenda do 2 e 3 de setembro de 2023


Sábado 2 de setembro de 2023

Actividade: Presentación da Unión Pilateira Galega
Lugar: Pavillón Campo da Serra
Hora: A partir das 9.30

O Concello colabora coa Unión Pilateira Galega no acto de presentación oficial do colectivo, no que haberá tamén masterclass e workshops dirixidas a profesionais.

Domingo 3 de setembro de 2023

Actividade: Gran festa infantil Cidade de Narón
Lugar: Parque de Freixeiro
Hora: De 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00

O Concello organiza unha nova edición da Gran festa infantil, con inchables, festa holi, festa da escuma, touro mecánico e moitas outras atraccións para nenas e nenos.